terça-feira, 24 de abril de 2018

Gal/ QUÉ É UN MEMORIAL LABIRINTO?

O MEMORIAL LABIRINTO PODE SER UMA INSTALACIÓN  ARTÍSTICA SOBRE UN SITIO ESPECÍFICO, LUGAR DE EXPOSICIÓN OU TERRENO AXARDINADO...
 
...OU BEN, UNHA SENDA, UN CARREIRO VIRTUAL ONLINE, que representa o camiño arquetípico da memeria da nosa vida, ao longo de 110 estacións, con unha imaxe e un texto suxerente en cada unha,  inspirándoche à descobrir seu sentido INTERIOR e à aplicar-lhe  â lembranza das túas vivencias coincidentes.
TRÁTASE DUN INSTRUMENTO ARTÍSTICO DE TOMA DE CONSCIENCIA sobre toda a nossa camiñada evolutiva na encarnación, onde cada un pode encaixar, sentida e intuitivamente, seu memorial dos momentos mais intensamente sentidos, ò longo dos septenários da súa propria vida.

Manuel Castelin recebeu a inspiración do Memorial Laberinto durante um traballo co Pobo de Juramidam e o Padriño Sebastião Mota em Mapiá, 1989, no interior profundo da selva amazónica brasileira, con a cal pintou as 110 "ESTELAS DO PEREGRINO", cadros ou cartas que darían lugar, despois, ademais do relato “A BEBIDA DO PODER”, a muitas exposicións 
de pintura en Europa e América.

Estela Zero: O MISTÉRIO.

A primeira delas foi a da Estación Marítima de Vigo, súa cidade natal, durante o magno evento "AFROAMÉRICA 1992", acompañada do Concerto Sincrónico "Secretos Vexetais", no cal improvisou seis grandes CADROS-ESTELAS en menos de unha hora, ante numeroso público, sobre un escenario exterior, danzando con seus pincéis sobre o son ao vivo do grupo de músicos de Dércio Marques, contratados e trazidos desde América, que privilexio! polo organizador do festival para aquela ocasión, cando preguntou a Castelin con quem quería sincronizar.Ainda que o Brasil é rico en grandes músicos, para Manuel Castelin, Dércio Marques, a quen tiña coñecido alá era como o Amancio Prada brasileiro. Todo un bardo-druida. CLIC AQUÍ, PARA CAPTAR O DELICADO E PROFUNDO "SENTIR O ESPÍRITU DA NATUREZA BRASILEIRA" DAQUEL XENIAL TROVADOR. 
  

QUÉ SIGNIFICA "ESTELAS"? Cháma-se así, en Español Castelán, (en Español Galego é RONSEL) à impresión  sobre as águas que deixa, por um tempo efémero, o pasar dun navio, ou un cometa que cruza o ceu nun instante. Nossos devanceiros chamavam ESTELAS, en Galego, si, a unhas lousas de pedra, lápidas verticais ou columnas, decoradas com um símbolo (ás veces unha estrela, o sol, a lúa) e unhas palabras esculpidas en relevo, nas que se honraba, na beira dos camiños, o fugaz passar pela vida de alguén, "Caminante, no hay camino, sino estelas en la mar". Toda estela é inspiradora.

As ESTELAS DO PEREGRINO inspiraran a Castelin à escrever varias obras literárias e a intentar materializar a senda laberíntica como un parque em diversos lugares do mundo de gran beleza natural e forte vibración, ata que finalmente conseguiu realizála e aprofundar nela em 2013, no RETIRO DESPERTAR, construido por el e a súa esposa, Olga Ochoa, en Sâo Thomé das Letras, MG, unha atrainte e mística rexión, muito coñecida como a "Montaña Máxica do Brasil".




"Cartas-Guía aos Mistérios de Sâo Thomé das Letras", 
Carta Cero, a do Buscador, que contempla desde o alto à cidade e suas próprias expectativas, recém chegado a ela.



Aquela realización sobre um terreno propio e seu axardinamento e recorrido frecuente, inspirou muitos outros traballos ao artista, ao longo dos cinco anos seguintes, ata 2017, entre eles as CARTAS DO DESPERTAR (muito rodadas na tenda “Astralizaçào”, entre os visitantes da cidade), as CARTAS-GUIA AOS MISTERIOS DE SAO THOMÉ DÁS LETRAS e AS CARTAS-GUIA DO CAMIÑO DAS ESTRELAS, que se referem às estacións do Camiño de Santiago, desde os Pirineos atá Fisterra.


Retornado a Vigo, sua cidade natal en España, en outubro de 2017, para cuidar da súa nai idosa, Castelin converteu ultimamente o MEMORIAL LABERINTO físico, instalación ou parque que non todos podem construir, nunha SENDA VIRTUAL EN INTERNET, onde calquer persoa que o desexe poida tomar consciencia da tónica evolutiva da sua propia vida.


  
OFRECEREMOS, A PARTIR DE MAIO 2018, DUAS OPCIÓNS: 

1ª- PODERÁ CLICAR  AQUÍ, "MODELO MEMORIAL CASTELIN", QUEN QUEIRA VISUALIZAR UN EXEMPLO CONCRETO E DETALLADO do que se pode facer e conscienciar coa estructura do Labirinto. 

2ª- OU CLICAR AQUÍ, "PERSONALICE SEU MEMORIAL LABIRINTO", QUEN DESEXE COMEZAR XA, DESDE ESA DATA, A CONSTRUIR CREATIVAMENTE, SEN EXEMPLOS, SEU PROPIO MEMORIAL. 

GAL/ MEMORIAL LABIRINTO

Gal/ QUÉ É UN MEMORIAL LABIRINTO?

O MEMORIAL LABIRINTO PODE SER UMA INSTALACIÓN  ARTÍSTICA SOBRE UN SITIO ESPECÍFICO, LUGAR DE EXPOSICIÓN OU TERRENO AXARDINADO...   ...OU B...